jueves, 7 de julio de 2011

FESTA DAS PATACAS


 Os derradeiros  días de cole fixemos a "Festa da Pataca" coa colaboración dos pais e nais das nosas escolas. Eles fixeron tortillas , trouxéronnos patacas fritidas...e todo estaba boisimo.
Para rematar, queremos darlles  as grazas a todos os que  colaboraron connosco ao longo deste proxecto .




RECOLLIMOS AS PATACAS

      No mes de xuño, recollimos un montón de patacas nas nosas escolas e quedamos moi sorprendidos polo grandes que eran algunhas delas. Con moito coidado fomos buscando todas as patacas que se atopaban debaixo da terra e fixámonos na cor, na forma, pero sobre todo no seu tamaño.



sábado, 4 de junio de 2011

DESCUBRIMOS QUE AS PATACAS TEÑEN ALMIDÓN

Despois de investigar cal era a composición das patacas, descubrimos que tiñan unha substancia que se chama ALMIDÓN, que nos proporciona enerxia. Tamén,  que se atopa noutros alimentos como: arroz, galletas, chop, pan…
Ao mirar polo microscopio, observamos que o almidón esta dentro dunhas bolsas pequeniñas (bolsas de almidón) e que un anaquiño de pataca tiña moitisimas.



Este son os nosos debuxos do microoscopio.




FIXEMOS UN EXPERIMENTO

Cando a pataca lle engadimos un producto que se chama “lugol” ou unha disolución con iodo (como o “betadine”) a pataca volvíase escura e comprobaron así que tiña ALMIDÓN. Entón probamos con outros alimentos e descubrimos que o arroz, as  galletas, o pan, algúns tipos de xamón cocido... tamén tiñan almidón, pois escurecían co iodo.



 

Despois de facer o experimento fixemos un debuxo.


AS NOSAS PATACAS TEÑEN FLORES

Por fin as patacas xa teñen flores. Nacéronlle unhas flores brancas moi fermosas e dentro de pouco esperamos recollelas.


 


jueves, 7 de abril de 2011

E  AS NOSAS PATACAS FORON CRECENDO…

Unha vez á semana regábamos e medíamos as patacas, e escribíamolo no “diario da pataca”. Pouco a pouco, fomos vendo como as sementes se foron facendo cada vez máis grandes e mesmo nalgunhas clase o talo chegou a medir case que un metro.
Agora, estamos desexando ver si  temos patacas, pero aínda temos que esperar un pouco.



FIXEMOS UNHA GRÁFICA

Tamén unha vez á semana facemos o debuxo da nosa planta nunha gráfica e así podemos anotar o seu crecemento.


lunes, 28 de marzo de 2011

REPRESENTAMOS O NOSO EXPERIMENTO
Despois de experimentar fixemos un debuxo no que representamos os materiais e os pasos a seguir.

EXPERIMENTAMOS COA AEROPONÍA

Despois de buscar información sobre o tema, decidimos EXPERIMENTAR tratando de cultivar patacas utilizando esta técnica. Estes foron os pasos que seguimos.


AEROPONÍA: OUTRA FORMA DE PLANTAR.
Nunha das nosas escolas,  saíu o termo “AEROPONÍA”, cando un alumno explicaba aos seus compañeiros, outras formas de plantar patacas. Decidimos entón aforndar máis sobre este tema e buscar en internet. Isto é un resumo do que atopamos.

 

DEBUXAMOS
Despois de plantar as patacas na terra, representamos o proceso, utilizamos para iso o debuxo.

martes, 22 de marzo de 2011

O RECUNCHO DA PATACA
As nosas plantas, e toda a información relacionada co tema: debuxos, libros, fotos… están situados nun recuncho especial da aula.
DIARIO DUNHA PATACA
Para levar un rexistro sobre as patacas que plantáramos fixemos un libro titulado “Diario dunha pataca”. Na primeira folla anotamos o día que fixemos a plantación coa foto correspondente.
Nas outras,  un día a  semana, o encargado despois de facer unha foto, anota: o que mide a planta, o nº de follas, nº de flores…

TRANSMITIMOS E COMPARTIMOS CO GRUPO INFORMACIÓN SOBRE A PATACA.
Cada neno/a explica na clase a información acadada, converténdose no protagonista dese momento.
SOLICITAMOS A COLABORACIÓN FAMILIAR
A través de unha carta pedimos información as familias.

PLANTAMOS AS PATACAS
Como comezamos?
Como a maioria, non sabían como se plantaban as patacas,  comezamos buscando información e averiguamos:
que o primeiro que había que facer era preparar o terreo, despois buscar as sementes e plantalas co “grelo” para arriba. A profundidade, onde tiñamos que poñer a semente, tería que ser de 7 ou 8 cm e a distancia entre elas  de 20 ou 25 cm.
Despois, calculamos cantas patacas podíamos plantar no noso recipiente



Posteriormente comezamos  a plantación.
Despois de poñer a terra nos recipientes e facerlle o burato, puxemos as nosas sementes de patacas. Tapámolas con cuidado e para finalizar regámolas.

domingo, 13 de marzo de 2011



TRAEMOS PATACAS A CLASE
Cada neno e nena trouxo unha pataca a clase que nos serviu para observar , tocar, ulir e incluso  probar.
Como todas eran distintas falamos da súa forma, da sua cor, do seu tamaño…Tocámolas coas mans e tamén cos pés, as observamos por dentro e por fora e mesmo as probamos.


DECORAMOS A NOSA PATACA   

Despois cada alumno coa súa pataca diante debuxouna, decorouna e púxolle un nome.
                          

viernes, 11 de marzo de 2011

DEBUXAMOS UNHA PATACA


Despois de moito falar o noso alumnado fixo un debuxo no que reflectiron as ideas sobre a aprariencia da pataca, e aquí están algúns resultados.

1º PASO: IDEAS PREVIAS, QUE SABEMOS SOBRE AS PATACAS?


A verdade era que en case tódalas escolas,  sabiamos moitas cousas :
Que sirven para comer, que teñen distintas formas e cores, as que teñen arrugas son vellas...
Nalgunhas escolas dixeron tamén, que  lle  chaman "papas". Ademais case todos coincidían en que as patacas nacen debaixo da terra, aínda que algúns, os mais pequenos tiñan dúbidas.

AS PATACAS NON NACEN DAS ÁRBORES




Comezamos un novo proxecto nas nosas escolas, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, o tema central é: “A PATACA”.
Este traballo está incluído no PROXECTO KIS´ no que participamos xunto con varios países da Unión Europea.
Traballando as patacas, entraremos en contacto directo coa natureza e afondaremos un pouquiño máis no mundo das ciencias: o ciclo de vida, coidados, características, utilidades, composición…
Eliximos as patacas por ser algo coñecido e moi presente na alimentación do noso alumnado, ademais, son fáciles de plantar e por tanto ofrécennos a posibilidade de observar o seu crecemento, e reflexionar sobre os coidados necesarios para o seu desenvolvemento.
COMO COMEZAMOS A SÚA POSTA EN PRÁCTICA?
Sorprendentemente os Reis Magos deixáronnos un regaliño moi especial un “Señor Potato”.
A raíz disto comezamos un pequeno diálogo no que os nenos/as expresan o parecido do noso protagonista con unha pataca.
Pero… será realmente unha pataca?, por que o sabemos?, como son as patacas?....
Decidimos por tanto comezar a investigar.