Comezamos un novo proxecto nas nosas escolas, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, o tema central é: “A PATACA”.
Este traballo está incluído no PROXECTO KIS´ no que participamos xunto con varios países da Unión Europea.
Traballando as patacas, entraremos en contacto directo coa natureza e afondaremos un pouquiño máis no mundo das ciencias: o ciclo de vida, coidados, características, utilidades, composición…
Eliximos as patacas por ser algo coñecido e moi presente na alimentación do noso alumnado, ademais, son fáciles de plantar e por tanto ofrécennos a posibilidade de observar o seu crecemento, e reflexionar sobre os coidados necesarios para o seu desenvolvemento.
COMO COMEZAMOS A SÚA POSTA EN PRÁCTICA?
Sorprendentemente os Reis Magos deixáronnos un regaliño moi especial un “Señor Potato”.
A raíz disto comezamos un pequeno diálogo no que os nenos/as expresan o parecido do noso protagonista con unha pataca.
Pero… será realmente unha pataca?, por que o sabemos?, como son as patacas?....
Decidimos por tanto comezar a investigar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario