REPRESENTAMOS O NOSO EXPERIMENTO
SOMOS SETE MESTRAS DE INFANTIL QUE QUEREMOS COMPARTIR OS TRABALLOS QUE SE FAN NAS NOSAS AULAS. IMOS INTENTAR TRANSMITIR O QUE APRENDEMOS E DISFRUTAMOS NAS ESCOLAS E... DESEXAMOS QUE TÍ TAMÉN DISFRUTES.
lunes, 28 de marzo de 2011
martes, 22 de marzo de 2011
PLANTAMOS AS PATACAS
Como comezamos?
Como a maioria, non sabían como se plantaban as patacas, comezamos buscando información e averiguamos:
que o primeiro que había que facer era preparar o terreo, despois buscar as sementes e plantalas co “grelo” para arriba. A profundidade, onde tiñamos que poñer a semente, tería que ser de 7 ou 8 cm e a distancia entre elas de 20 ou 25 cm.
Despois, calculamos cantas patacas podíamos plantar no noso recipiente
Posteriormente comezamos a plantación.
Despois de poñer a terra nos recipientes e facerlle o burato, puxemos as nosas sementes de patacas. Tapámolas con cuidado e para finalizar regámolas.
domingo, 13 de marzo de 2011
TRAEMOS PATACAS A CLASE
Cada neno e nena trouxo unha pataca a clase que nos serviu para observar , tocar, ulir e incluso probar.
Como todas eran distintas falamos da súa forma, da sua cor, do seu tamaño…Tocámolas coas mans e tamén cos pés, as observamos por dentro e por fora e mesmo as probamos.
Despois cada alumno coa súa pataca diante debuxouna, decorouna e púxolle un nome.
viernes, 11 de marzo de 2011
DEBUXAMOS UNHA PATACA
1º PASO: IDEAS PREVIAS, QUE SABEMOS SOBRE AS PATACAS?
A verdade era que en case tódalas escolas, sabiamos moitas cousas :
Que sirven para comer, que teñen distintas formas e cores, as que teñen arrugas son vellas...
Nalgunhas escolas dixeron tamén, que lle chaman "papas". Ademais case todos coincidían en que as patacas nacen debaixo da terra, aínda que algúns, os mais pequenos tiñan dúbidas.
AS PATACAS NON NACEN DAS ÁRBORES
Comezamos un novo proxecto nas nosas escolas, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, o tema central é: “A PATACA”.
Este traballo está incluído no PROXECTO KIS´ no que participamos xunto con varios países da Unión Europea.
Traballando as patacas, entraremos en contacto directo coa natureza e afondaremos un pouquiño máis no mundo das ciencias: o ciclo de vida, coidados, características, utilidades, composición…
Eliximos as patacas por ser algo coñecido e moi presente na alimentación do noso alumnado, ademais, son fáciles de plantar e por tanto ofrécennos a posibilidade de observar o seu crecemento, e reflexionar sobre os coidados necesarios para o seu desenvolvemento.
COMO COMEZAMOS A SÚA POSTA EN PRÁCTICA?
Sorprendentemente os Reis Magos deixáronnos un regaliño moi especial un “Señor Potato”.
A raíz disto comezamos un pequeno diálogo no que os nenos/as expresan o parecido do noso protagonista con unha pataca.
Pero… será realmente unha pataca?, por que o sabemos?, como son as patacas?....
Decidimos por tanto comezar a investigar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)